luns, 24 de febreiro de 2025

Oh, Susana

En 4º comezamos a preparar este acompañamento con vasos da canción "Oh, Susana", tradicional dos Estados Unidos. Neste vídeo axúdannos a preparar as diferentes partes da canción con distintos ritmos.

 


 

martes, 26 de novembro de 2024

Marcha dos elefantes

Continuamos con animais terrestres, pero neste caso cunha obra que igual coñecedes pola película do "Libro da Selva". É a marcha que realizan os elefantes...



Nós acompañamos esta música con percusión corporal e movememtos seguindo este vídeo:



mércores, 20 de novembro de 2024

DANZAS 1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre cada grupo de primaria preparou unha danza diferente. Neste primeiro trimestre todas as danzas son en corro.

1º Primaria - Minoesjka (Holanda)


2º Primaria - Sete saltos (Dinamarca)


3º Primaria - Danza dos pastores (Francia)


4º Primaria - Zemer Atik (Israel)


5º Primaria - Pera Stous Pera Kambous (Grecia)


6º Primaria - Drumui Dracului (Moldavia)


martes, 19 de novembro de 2024

INVERNO

Aínda que estamos no outono, comezamos a preparar unha canción para a seguinte estación do ano: o INVERNO!

Para iso estamos practicando as notas musicais coas campás seguindo este vídeo:


Tamén probamos a cantala con esta letra: