mércores, 14 de novembro de 2018

A música tradicional en Galicia

Pai da Cana: é unha charanga formada por un cuarteto tradicional galego. Escoitamos Pasacorredoiras de Parteme:


Os Melidaos: é un grupo de música tradicional. Escoitamos Muiñeira de Sabaxáns:






domingo, 4 de novembro de 2018

A danza na música culta



Cancán, de Jacques Offenbach

Fandango asturiano, de Nikolái Rimski-Korsakov


Danza do sabre, de Aram Khatchaturian

Danza ritual do lume, de Manuel de Falla

Reisado do Pastoreio, de Óscar Lorenzo Fernández

O danubio azul, de Johann Strauss II






Voces e agrupacións na Zarzuela

A Zarzuela é un xénero musical escénico (teatro cantado e instrumentado) con parte faladas que nace no século XVII. Recibe este nome porque as primeiras representacións tiveron lugar no Palacio da Zarzuela de Madrid, onde os terreos tiñan abundantes zarzas. Neste século grandes literatos como Lope de Vega e Calderón de la Barca escribían para este xénero.
No século XVIII a dinastía dos Borbóns apoiaba máis a ópera italiana e por iso non se desenvolveu moito este xénero español. No século XIX, co impulso do Nacionalismo, a Zarzuela rebrota con moita forza, distinguíndose dous tipos fundamentalmente: a Zarzuela Grande en varios actos e o Xénero Chico nun acto. Adoitan versar sobre temas populares, con escenas costumistas e música inspirada nos bailes do pobo.

Eram sam sam

En Terceiro estamos aprendendo esta canción, que é orixinaria de Marrocos e polo tanto está noutro idioma. Aínda así o estamos a facer bastante ben!