domingo, 4 de novembro de 2018

Voces e agrupacións na Zarzuela

A Zarzuela é un xénero musical escénico (teatro cantado e instrumentado) con parte faladas que nace no século XVII. Recibe este nome porque as primeiras representacións tiveron lugar no Palacio da Zarzuela de Madrid, onde os terreos tiñan abundantes zarzas. Neste século grandes literatos como Lope de Vega e Calderón de la Barca escribían para este xénero.
No século XVIII a dinastía dos Borbóns apoiaba máis a ópera italiana e por iso non se desenvolveu moito este xénero español. No século XIX, co impulso do Nacionalismo, a Zarzuela rebrota con moita forza, distinguíndose dous tipos fundamentalmente: a Zarzuela Grande en varios actos e o Xénero Chico nun acto. Adoitan versar sobre temas populares, con escenas costumistas e música inspirada nos bailes do pobo.



A canción do Olvido: A canción de Leonello = Canta un tenor. Destacan os instrumentos de corda fretada e o vento.



A canción do Olvido: Xa a ronda chega aquí = canta un coro mixto. Os soldados fanlles as beiras a unhas mozas cantándolles unha canción e por iso aparecen separadamente un coro masculino e un coro feminino. Destacan a corda fretada e o vento-madeira (clarinete e frautas).



O Barberillo de Lavapiés: Canción de La Paloma = canta unha mezzosoprano acompañada por unha orquestra. Destacan as castañolas, corda fretada, óboe, clarinete, frauta e frautín.


La Revoltosa: Felipe e Mari Pepa = cantan un tenor e unha soprano. Destaca a corda fretada, o triángulo, clarinete e frauta.




Ningún comentario:

Publicar un comentario