martes, 26 de novembro de 2024

Marcha dos elefantes

Continuamos con animais terrestres, pero neste caso cunha obra que igual coñecedes pola película do "Libro da Selva". É a marcha que realizan os elefantes...



Nós acompañamos esta música con percusión corporal e movememtos seguindo este vídeo:



mércores, 20 de novembro de 2024

DANZAS 1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre cada grupo de primaria preparou unha danza diferente. Neste primeiro trimestre todas as danzas son en corro.

1º Primaria - Minoesjka (Holanda)


2º Primaria - Sete saltos (Dinamarca)


3º Primaria - Danza dos pastores (Francia)


4º Primaria - Zemer Atik (Israel)


5º Primaria - Pera Stous Pera Kambous (Grecia)


6º Primaria - Drumui Dracului (Moldavia)


martes, 19 de novembro de 2024

INVERNO

Aínda que estamos no outono, comezamos a preparar unha canción para a seguinte estación do ano: o INVERNO!

Para iso estamos practicando as notas musicais coas campás seguindo este vídeo:


Tamén probamos a cantala con esta letra:



martes, 12 de novembro de 2024

O outono, de Antonio Vivaldi

 En 1º traballaremos durante este curso a obra de Antonio Vivaldi "As catro estacións".

Comezamos neste primeiro trimestre co outono, aquí están dúas versións de orquestra:



Para acompañar esta obra e repasar os ritmos de negra e parella de corcheas axudámonos deste musicograma animado. Tamén practicamos a tocar FORTE e PIANO (suave):

 

Tamén seguimos a música con este musicograma, co que nos movemos pola clase facendo xestos en FORTE e PIANO:


 

Esta obra aparece nunha morea de anuncios, películas, debuxos animados... coma este!

martes, 17 de setembro de 2024

mércores, 22 de maio de 2024

Salvanotas

Neste xogo tes que ser moi rápido porque as notas van desaparecendo e tes un tempo límite. Cando entres podes elixir distintos niveis segundo o número de notas. Podes elixir a opción de 3 notas para comezar. Se o fas ben irás pasando de nivel automáticamente.

https://aprendomusica.com/const2/03atrapanotas/atrapanotas.html

xoves, 18 de abril de 2024

Big Band

 En 2º e 3º estamos traballando o manexo das baquetas coas metalonotas e os xilófonos. Para practicar estamos tocando esta canción



We will rock you

 En 4º, 5º e 6º retomamos este 3º trimestre a práctica da frauta co acompañamento desta canción de Queen.



Esku dantza

 En 5º e 6º estamos ensaiando un baile con palmas tradicional de Navarra. Rematamos un pouco mareados pero é moi divertida.