xoves, 1 de outubro de 2026

O outono, de Antonio Vivaldi

 En 1º traballaremos durante este curso a obra de Antonio Vivaldi "As catro estacións".

Comezamos neste primeiro trimestre co outono, aquí están dúas versións de orquestra:



Para acompañar esta obra e repasar os ritmos de negra e parella de corcheas axudámonos deste musicograma animado. Tamén practicamos a tocar FORTE e PIANO (suave):



 

Tamén seguimos a música con este musicograma, co que nos movemos pola clase facendo xestos en FORTE e PIANO:


 

Esta obra aparece nunha morea de anuncios, películas, debuxos animados... coma este!

domingo, 27 de setembro de 2026

Suite PEER GYNT, de Edvard Grieg

 En 4º comezamos a traballar a Suite Peer Gynt (1876), do compositor noruegués Edvard Grieg.

A historia trata dun mozo, Peer Gynt, que vivía nunha aldea de Noruega. Era moi traste e facía rabiar a toda a xente da aldea. Un día fíxolles algo moi malo e a xente quixo apresalo, pero el escapou e escondeuse no bosque que había nas montañas.

Nestes bosques noruegueses viven seres máxicos e misteriosos, como os gnomos, e outros seres noxentos e cheirentos como os trolls. Casualmente Peer Gynt atopou aos trolls. Contoulles que fuxía dos aldeáns por facer falcatruadas e iso gustoulles aos trolls, que o acolleron como a un máis.

Alí Peer Gynt viviu moi ben na gruta do rei da montaña, ata que a filla do rei troll namorouse del. Ela quería casar con el, pero a Peer Gynt pareceulle moi fea e cheirenta e non a quixo.

Entón os trolls anoxáronse moito e atárono a un tronco. Para convencelo bailaron e bailaron ao seu redor, pero Peer Gynt finalmente conseguiu soltarse do tronco fuxindo da gruta do rei da montaña.

O fragmento que veremos a continuación representa esta fuxida para escapar dos trolls.



Acompañamos este movemento con instrumentos de percusión:


E agora con notas musicais usando boomwhackers e campás afinadas. Ademais practicamos o cifrado americano:



E para rematar, a versión que fixeron na película Trolls, desta vez facendo o ritmo con paus.


Por se tedes curiosidade, aquí vos deixo a partitura de orquestra, para poder seguir a música:

 


E aquí a partitura de piano:


 


Aquí vos deixo algún vídeo máis con esta magnífica música:




domingo, 31 de maio de 2026

O verán, de Antonio Vivaldi

Aínda quedan uns días para o verán pero na clase de música xa estamos escoitando este movemento das catro estacións, do noso querido Antonio Vivaldi.


 

 


 

E coma sempre, esta música acompañando debuxos animados. Desta vez hai tres vídeos!!!


 


 

 

luns, 11 de maio de 2026

Big Band

En 2º estamos traballando o manexo das baquetas coas metalonotas e os xilófonos. Para practicar estamos tocando esta canción



Concerto didáctico da escola de música de Foz

Esta semana asistimos a un concerto didáctico dos profesores da escola de música de Foz. Repasamos aquí os instrumentos que escoitamos e vimos:

 











 

VIOLÍN


 

FRAUTA TRAVESEIRA

 


CLARINETE


 

SAXOFÓN

 


TROMPETA 

 


TROMBÓN


 

 BATERÍA


 

PIANO


 

 

 

martes, 5 de maio de 2026

domingo, 12 de abril de 2026

Instrumentos de percusión do mundo

Percusión cubana

Batá



Congas


Bongós


 

Percusión africana

Udu


 

Djembé


Percusión xaponesa 

Odaiko


Percusión brasileira

Cabasa


 

Surdo



 

Percusión árabe

Darbuka



mércores, 8 de abril de 2026

Acuario - Camille Saint-Saëns

 Aquí está o musicograma da obra "O acuario", do compositor francés Camille Saint-Saëns.

Con esta peza musical sumerxímonos no medio acuático.

 

Neste video podemos seguir a música:


 

 

E aquí ver a orquestra e os dous pianos protagonistas:



luns, 23 de marzo de 2026

martes, 17 de marzo de 2026

Estatuas musicais e outros xogos de Infantil

 Música para xogar ás estatuas musicais:

Movemento rápido e lento (lanzamento de pato):

Marchamos, saltamos e corremos:



luns, 16 de marzo de 2026

Sonidos para Infantil

Sonidos de los animales ¿Dónde viven?
Onomatopeyas

Sonidos de la casa ¿Dónde los encontramos?






mércores, 25 de febreiro de 2026

Paxaros, de Saint-Säens

Continuamos este trimestre con outros animais voadores, neste caso os paxaros.


E, aínda que non son demasiado voadores, tamén incluímos aquí ás galiñas e os galos.









martes, 10 de febreiro de 2026

Himno Alegría

Comezamos con unha pouca de historia.

 

Primeiro o 4º movemento da 9ª Sinfonía de Ludwig van Beethoven 

 


 

Aquí temos varias versións cantadas por Miguel Ríos: 


 

 


 

 E a versión de frauta:


martes, 3 de febreiro de 2026

Partituras para 6º


Piratas del caribe


Titanic


Jurassic Park

 

Star wars

Harry Potter

Baby Shark



Si no estás

Himno galego

Himno de España

 Minions (Papaya song)

 See you again 

 Susanita tiene un ratón 

O galo canta


 A saia da Carolina


 Peppa pig


mércores, 28 de xaneiro de 2026

Clasificación dos instrumentos

Primeiro comezamos coas tres grandes familias:

CORDA, VENTO e PERCUSIÓN

 

E agora centrámonos nos de vento:


 

luns, 12 de xaneiro de 2026

O inverno, de Antonio Vivaldi

En 1º xa comezamos a traballar sobre unha nova estación de Antonio Vivaldi: o INVERNO.

Desta vez facemos un acompañamento con movementos e un pano, axudándonos deste video:

Con instrumentos de percusión:



Aquí a orquesta tocando:

Tamén temos uns debuxos animados (un pouco antiguos, a verdade) nos que aparece esta música tan invernal:



E ata nos animamos a acompañar esta música con vasos: