Agrupacións vocais:
- Cantante solista: cando se trata dunha soa voz. Con frecuencia a voz solista aparece acompañada por algún instrumento, como o piano ou a guitarra, ou incluso por unha orquestra completa.
- Dúo: intervención de dúas voces de forma simultánea nunha obra musical. As voces poden ser iguais ou distintas.
- Trío: composto por tres voces, iguais ou distintas.
- Cuarteto: formado por catro voces, iguais ou diferentes. A formación máis frecuente é o "cuarteto mixto", composto polas voces extremas de muller (soprano e contralto) e de home (tenor e baixo).
- Coro: é unha agrupación de voces. Segundo o tipo de voces que interveñen, o coro pode ser:
A) De voces iguais: pode estar composto por voces masculinas, femininas ou infantís. O coro de nenos, ou de voces brancas, coñécese como escolanía.
B) De voces mixtas: composto polas 4 voces (sopranos, contraltos, tenores e baixos).
Ningún comentario:
Publicar un comentario