En 4º comezamos a traballar a Suite Peer Gynt (1876), do compositor noruegués Edvard Grieg.
A historia trata dun mozo, Peer Gynt, que vivía nunha aldea de Noruega. Era moi traste e facía rabiar a toda a xente da aldea. Un día fíxolles algo moi malo e a xente quixo apresalo, pero el escapou e escondeuse no bosque que había nas montañas.
Nestes bosques noruegueses viven seres máxicos e misteriosos, como os gnomos, e outros seres noxentos e cheirentos como os trolls. Casualmente Peer Gynt atopou aos trolls. Contoulles que fuxía dos aldeáns por facer falcatruadas e iso gustoulles aos trolls, que o acolleron como a un máis.
Alí Peer Gynt viviu moi ben na gruta do rei da montaña, ata que a filla do rei troll namorouse del. Ela quería casar con el, pero a Peer Gynt pareceulle moi fea e cheirenta e non a quixo.
Entón os trolls anoxáronse moito e atárono a un tronco. Para convencelo bailaron e bailaron ao seu redor, pero Peer Gynt finalmente conseguiu soltarse do tronco fuxindo da gruta do rei da montaña.
O fragmento que veremos a continuación representa esta fuxida para escapar dos trolls.
Acompañamos este movemento con instrumentos de percusión:
E agora con notas musicais usando boomwhackers e campás afinadas. Ademais practicamos o cifrado americano:
Por se tedes curiosidade, aquí vos deixo a partitura de orquestra, para poder seguir a música:
E aquí a partitura de piano:
Aquí vos deixo algún vídeo máis con esta magnífica música:
Ningún comentario:
Publicar un comentario