mércores, 12 de novembro de 2025

Carnaval dos animais, de Camille Saint-Saëns

En 2º traballaremos durante este curso a obra musical "O carnaval dos animais", do compositor francés Camille Saint-Saëns.

Neste 1º trimestre centrarémonos nos animais terrestres. Comezamos coa "Marcha real do León"

Acompañamos coa seguinte letra:

POR LA SELVA YO CAMINO,

TODOS ECHAN A TEMBLAR.

MI MELENA Y MIS GARRAS

A CUALQUIERA ASUSTARÁN.

  


luns, 10 de novembro de 2025

Suite PEER GYNT, de Edvard Grieg

 En 4º comezamos a traballar a Suite Peer Gynt (1876), do compositor noruegués Edvard Grieg.

A historia trata dun mozo, Peer Gynt, que vivía nunha aldea de Noruega. Era moi traste e facía rabiar a toda a xente da aldea. Un día fíxolles algo moi malo e a xente quixo apresalo, pero el escapou e escondeuse no bosque que había nas montañas.

Nestes bosques noruegueses viven seres máxicos e misteriosos, como os gnomos, e outros seres noxentos e cheirentos como os trolls. Casualmente Peer Gynt atopou aos trolls. Contoulles que fuxía dos aldeáns por facer falcatruadas e iso gustoulles aos trolls, que o acolleron como a un máis.

Alí Peer Gynt viviu moi ben na gruta do rei da montaña, ata que a filla do rei troll namorouse del. Ela quería casar con el, pero a Peer Gynt pareceulle moi fea e cheirenta e non a quixo.

Entón os trolls anoxáronse moito e atárono a un tronco. Para convencelo bailaron e bailaron ao seu redor, pero Peer Gynt finalmente conseguiu soltarse do tronco fuxindo da gruta do rei da montaña.

O fragmento que veremos a continuación representa esta fuxida para escapar dos trolls.



Acompañamos este movemento con instrumentos de percusión:


E agora con notas musicais usando boomwhackers e campás afinadas. Ademais practicamos o cifrado americano:



E para rematar, a versión que fixeron na película Trolls, desta vez facendo o ritmo con paus.


Por se tedes curiosidade, aquí vos deixo a partitura de orquestra, para poder seguir a música:

 


E aquí a partitura de piano:


 


Aquí vos deixo algún vídeo máis con esta magnífica música: