luns, 5 de outubro de 2026

sábado, 3 de outubro de 2026

Samaín musical

 Queda ben pouco para o Samaín, así que comezamos coa ambientación musical...

 Para 1º e 2º temos o acompañamento de Skeleton Dance con instrumentos de percusión:

 

E repasamos ritmos con negra e parella de corcheas con este vídeo:

 

Para 3º e 4º temos a mesma obra pero acompañada con Boomwhackers e xilófonos:

 

Tamén repasamos ritmo con esta canción:


E para os maiores de 5º e 6º imos practicar a notación americana con esta outra obra, Smashing Pumpkins:

 
 
E agora esta con movemento:

 

Algo de ritmo para os maiores: 

 


Tamén temos a BSO da Familia Adams:







xoves, 1 de outubro de 2026

O outono, de Antonio Vivaldi

 En 1º traballaremos durante este curso a obra de Antonio Vivaldi "As catro estacións".

Comezamos neste primeiro trimestre co outono, aquí están dúas versións de orquestra:



Para acompañar esta obra e repasar os ritmos de negra e parella de corcheas axudámonos deste musicograma animado. Tamén practicamos a tocar FORTE e PIANO (suave):



 

Tamén seguimos a música con este musicograma, co que nos movemos pola clase facendo xestos en FORTE e PIANO:


 

Esta obra aparece nunha morea de anuncios, películas, debuxos animados... coma este!

domingo, 27 de setembro de 2026

Suite PEER GYNT, de Edvard Grieg

 En 4º comezamos a traballar a Suite Peer Gynt (1876), do compositor noruegués Edvard Grieg.

A historia trata dun mozo, Peer Gynt, que vivía nunha aldea de Noruega. Era moi traste e facía rabiar a toda a xente da aldea. Un día fíxolles algo moi malo e a xente quixo apresalo, pero el escapou e escondeuse no bosque que había nas montañas.

Nestes bosques noruegueses viven seres máxicos e misteriosos, como os gnomos, e outros seres noxentos e cheirentos como os trolls. Casualmente Peer Gynt atopou aos trolls. Contoulles que fuxía dos aldeáns por facer falcatruadas e iso gustoulles aos trolls, que o acolleron como a un máis.

Alí Peer Gynt viviu moi ben na gruta do rei da montaña, ata que a filla do rei troll namorouse del. Ela quería casar con el, pero a Peer Gynt pareceulle moi fea e cheirenta e non a quixo.

Entón os trolls anoxáronse moito e atárono a un tronco. Para convencelo bailaron e bailaron ao seu redor, pero Peer Gynt finalmente conseguiu soltarse do tronco fuxindo da gruta do rei da montaña.

O fragmento que veremos a continuación representa esta fuxida para escapar dos trolls.



Acompañamos este movemento con instrumentos de percusión:


E agora con notas musicais usando boomwhackers e campás afinadas. Ademais practicamos o cifrado americano:



E para rematar, a versión que fixeron na película Trolls, desta vez facendo o ritmo con paus.


Por se tedes curiosidade, aquí vos deixo a partitura de orquestra, para poder seguir a música:

 


E aquí a partitura de piano:


 


Aquí vos deixo algún vídeo máis con esta magnífica música:




domingo, 31 de maio de 2026

O verán, de Antonio Vivaldi

Aínda quedan uns días para o verán pero na clase de música xa estamos escoitando este movemento das catro estacións, do noso querido Antonio Vivaldi.


 

 


 

E coma sempre, esta música acompañando debuxos animados. Desta vez hai tres vídeos!!!


 


 

 

luns, 11 de maio de 2026

Big Band

En 2º estamos traballando o manexo das baquetas coas metalonotas e os xilófonos. Para practicar estamos tocando esta canción



Concerto didáctico da escola de música de Foz

Esta semana asistimos a un concerto didáctico dos profesores da escola de música de Foz. Repasamos aquí os instrumentos que escoitamos e vimos:

 











 

VIOLÍN


 

FRAUTA TRAVESEIRA

 


CLARINETE


 

SAXOFÓN

 


TROMPETA 

 


TROMBÓN


 

 BATERÍA


 

PIANO


 

 

 

martes, 5 de maio de 2026

domingo, 12 de abril de 2026

Instrumentos de percusión do mundo

Percusión cubana

Batá



Congas


Bongós


 

Percusión africana

Udu


 

Djembé


Percusión xaponesa 

Odaiko


Percusión brasileira

Cabasa


 

Surdo



 

Percusión árabe

Darbuka



mércores, 8 de abril de 2026

Acuario - Camille Saint-Saëns

 Aquí está o musicograma da obra "O acuario", do compositor francés Camille Saint-Saëns.

Con esta peza musical sumerxímonos no medio acuático.

 

Neste video podemos seguir a música:


 

 

E aquí ver a orquestra e os dous pianos protagonistas:



luns, 23 de marzo de 2026